abril 4, 2020
10:00 am
Aula Naturaleza Moreda , Folgoso do Courel
Desde Entrepicos ofrecémosvos esta interesante actividade na Serra do Courel o vindeiro 4 de abril, para desfrutar dunha espectacular ruta por unha das zonas máis importantes en canto a patrimonio natural, histórico e etnográfico de Galicia.
O inicio e final da ruta será na localidade de Moreda, aldea encaixada entre o Monte Cido, ao norte, e a devesa da Rogueira cara ao sur. Partiremos en primeiro lugar hacia o Monte Cido, lugar onde moitos historiadores sitúan ao mítico Monte Medulio, derradeiro bastión da resistencia nativa fronte á invasión romana.
Este monte, integramente de rocha caliza, é unha lomba que agocha no seu interior, ademais, multitude de covas que se supón foron empregadas polos nativos para protexerse da invasión romana e, moi probablemente, foran tamén refuxio dos derradeiros Maquis durante a Guerra Civil.
No seu cordal atópase un dos castros máis grandes de Galicia con máis de tres kms de lonxitude, destacando, a vexetación maiormente mediterránea coa presenza de orquídeas.
Desde o Cido, e sempre con espectaculares panorámicas, iremos cara a Devesa da Rogueira, o bosque máis importante de Galicia e unha das zonas con máis biodiversidade do continente. Percorreremos este auténtico fósil vivinte abraiándonos coa forza que ten a natureza nun lugar como este, de volta á aldea de Moreda.
O remate, e para aqueles/as que o desexen, agárdanos unha merenda-cea degustación en Seoane do Courel para repoñer forzas con produtos típicos da zona.
DEGUSTACIÓN (OPCIONAL): BAR LEMBRANZA (Seoane do Courel). Prezo 6 € (non inclúe bebida). Ao remate da Actividade.
DESPLAZAMENTO: En vehículos particulares. (Se tentará coordinar entre os/as participantes para empregar o menor número de coches posibles e así reducir costes e emisión de gases).
LUGAR E HORA DE ENCONTRO: Aula de interpretación de Moreda, ás 10:00 am do vindeiro 4 de Abril.
LÍMITE PARTICIPANTES: 20 plazas (data tope inscrición: 4 de abril ás 12:00 am)
RESERVAS E +INFO: TLFNOS: 988253040 / 620826874 /678 60 29 28 (Whatsapp)
FICHA TÉCNICA | ||
Comezo e remate | Poboación | Moreda (Centro de información) |
Coordenadas | N 42º 37.522´
W 7º 07.188´ |
|
Tipo de percorrido | Circular | |
Lonxitude total | 16,5 kms. | |
Tempo estimado actividade | 7:00 horas | |
Tipo de firme | Sendeiro (90%) e Pista | |
Cotas | Máxima | 1.343 m |
Mínima | 721 m | |
Desnivel Acumulado | Positivo | 756 m |
Negativo | 756 m | |
Total | 1512 m | |
Parada para xantar | Si | |
Fontes ou puntos de auga | Si (Fonte + regos) | |
Concello | Folgoso do Courel | |
Provincia | Lugo |